lunes, 27 de abril de 2009

FORMAS DE BÚSQUEDA DE EMPREGO











1. Podemos atopar traballo a través das bolsas de emprego, que son os organismos encargados de xestionar as ofertas de emprego. Esto pódese facer a través de diversas páxinas web (http://www.infojobs.net/, http://www.trabajar.com/ o http://www.monster.es/ son algúns exemplos) ou mediante sindicatos e asociacións(como o CIG -Confederación Intersindical Galega- ou o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia).







2. As ETT (Empresas de Traballo Temporal) son as empresas encargadas de satisface-las necesidades doutras empresas mediante a prestación dos seus servizos, entre os que se atopan a selección de persoal e a oferta de servizos dirixida ao público que está interesado en atopar traballo ou cambiar o que xa ten. Como o seu nome indica, os postos de emprego que ofrecen este tipo de empresas son de carácter temporal. Algúns exemplos de ETT son: MANPOWER, ADECCO ou RANDSTAND WORK SOLUTIONS.


3. Os servizos ocupacionais son entes públicos que asesoran ós cidadáns á hora de buscar traballo ou, se é preciso, ocúpanse de proporcionarlles a formación necesaria para que poidan acceder a determinados empregos unha vez rematen dita formación. Algúns exemplos deste tipo de entidade son: Centro de Form. Ocupacional AGORA (Minusválidos), o Servizo Galego de Colocación ou a Oficina de Emprego. Serv. P. Emprego Estatal.











4. Outra boa forma de buscar emprego é a través dos anuncios de prensa dos xornais onde as empresas ofertan postos de traballo e deixan os seus datos (teléfono, dirección...) para que o interesado que cumpra os requisitos especificados pola empresa contacte con ésta e envíe o seu currículum. Podemos atopar estes anuncios en xornais como La Voz de Galicia o El Pais, pero existen outros xornais, como o Segunda Mano, especializados en publicar anuncios deste tipo.


5. Por último, non podemos esquece-la búsqueda de traballo a través dos amigos e familiares. Neste caso, o interesado en atopar emprego pode informarlle-lo aos seus achegados co obxectivo de que eles lle indiquen as ofertas de emprego das que teñan coñecemento. A partir dese momento, o interesado terá que levar o seu currículum á empresa pertinente ou poñerse en contacto con ela.