lunes, 25 de mayo de 2009

PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

A norma que regula a prevención de riscos laborais en España é a Lei 31/1995 do 8 de novembro, publicada no B.O.E. 269 10-10-1995.












Nesta lei constan os dereitos e as obrigas do empresario e do traballador en materia de riscos laborais, indicándose a necesidade de levar a cabo as accións preventivas pertinentes. Ademáis, vélase polo cumprimento dos principios de seguridade e hixiene nos postos de traballo.

A exposición a enfermidades como o cancro entre os traballadores dunha empresa química, a caída dun obreiro nun edificio en construcción ou mesmo o estrés dun empregado que desempeña a súa tarefa nunha caótica oficina son algúns exemplos das situacións que se poden producir e que se deben evitar en calquera empresa.


De seguido, preséntase o traballo realizado a partir da citada lei. Nesta serie de preguntas e respostas consta información relacionada coas diferentes cuestións a ter en conta á hora de falar dos riscos laborais, como os diferentes tipos de risco ou a definición de saúde segundo a OMS.









lunes, 4 de mayo de 2009

CURRÍCULUM E CARTA DE PRESENTACIÓN

O currículum vitae é unha ferramenta esencial á hora de buscar emprego. Nel quedan plasmados o nivel académico (licenciatura, diplomatura, bachiller, etc), a experiencia laboral e outros coñecementos adquiridos polo solicitante (idiomas, informática, cursos de formación...), así como os seus datos persoais (nome e apelidos, data de nacemento, dirección, correo electrónico, teléfono) para que as empresas poidan contactar con él en caso de estar interesadas.

Cando tratamos de atopar traballo, podemos dar de alta o noso currículum nas bolsas de emprego de Internet (http://www.infojobs.net/, http://www.monster.es/, etc) e enviarllo ás empresas que, a través da páxina web seleccionada, ofrezan postos de traballo interesantes para nós.

Ademáis, podemos presentar o noso curriculum como documento adxunto dunha carta de presentación. Nesta carta constarán o noso enderezo e o da empresa á que nos diriximos e o motivo polo que enviamos o curriculum e a carta (como resposta a un anuncio de prensa, por exemplo). Ante todo, deixaremos constancia das nosas capacidades para traballar na empresa e a nosa vontade de agardar unha resposta.