lunes, 1 de junio de 2009

EXEMPLOS DE FACTORES DE RISCO LABORAIS





- Un lugar de traballo caótico, coas ferramentas e outros obxectos polo chan, un cubo do que cae unha substancia líquida, varios tubos de ferro con perigo de caída, unha carpeta caendo, unha escaleira sen pasamáns (está establecido por Real Decreto que os pasamáns teñan unha altura de 90 cm e cun zócalo que impida a caída de calquera obxecto), obreiros que carecen de casco...
Trátase de factores de risco de tipo estructural derivados das condicións de seguridade. As dimensión do espazo de traballo deberían ser adecuadas, dispor dunha boa sinalización, orde e limpeza.
- O cartel de "non fumar" non está situado nun lugar visible e, ademáis, un dos traballadores está fumando.
A lei 28/2005 do 26 de decembro prohibe fumar nos centros de traballo. Ademáis, establece que os carteis deben colocarse en lugares visibles nas entradas dos centros de traballo.

- Lugar de traballo que carece de ventilación.

Trátase dun factor de risco de tipo ambiental (temperatura).

- Un traballador golpea a cabeza coa escada portada por un dos seus compañeiros ao tempo
que queima a perna debido ao uso dun equipo eléctrico por parte doutro dos traballadores.

Trátase de factores de risco derivados das condicións de seguridade, tanto de tipo estructural como derivadas do manexo de equipos. Primeiro, deberíanse adecuar as dimensións do espazo de traballo e dotalo dunha boa sinalización, orde e limpeza. Segundo, o traballador debería levar casco, xa que leva a cabo as súas tarefas nun edificio en obras. Terceiro, o traballador que usa o equipo eléctrico debería prestar atención e, no caso de producirse un accidente ou anomalía, desconectar o equipo. Por último, a escada debería ser transportada ben entre dúas persoas, ben suxeitada dende a parte traseira para evitar golpes como o que se ve no debuxo.

- Un traballador empurra unha carretilla sobrecargada de materiais.

Trátase dun factor de risco derivado da carga de traballo física, polo que se deberían tomar medidas para mellorar as condicións de traballo. O empregado que transporta os materiais debería cargar con menos peso.

- Os traballadores carecen de protección (en xeral, cascos e, en particular, o traballador que manexa a ferramenta eléctrica non leva guantes nin lentes protectores).

Trátase dun factor de risco derivado das condicións de seguridade e, en concreto, do manexo de equipos.

- O traballador que está manexar a ferramenta eléctrica non conta con equipo protector para os oídos.

Trátase dun factor de risco derivado das condicións ambientais, xa que o ruído que pode provocar o aparato póde producir algún tipo de lesión no traballador (cansanzo, sono, xordeira...).
- Carencia de extintor, a pesar de que hai unha sinal que indica que debería habe-lo.
Trátase dun factor de risco estructural derivado das condicións de traballo. Existe unha norma segundo a cal hai que instalar os extintores en lugares visibles e accesibles, próximos a puntos con risco de incendio e ás saídas de evacuación. Ademáis, deben instalarse, preferentemente, sobre soportes verticais situados, como mínimo, a 1,70 metros do chan.

FACTORES DE RISCO LABORAL







Os factores de risco laboral son aqueles elementos que poden provocar dano aos traballadores nos seus postos de traballo. Poden clasificarse en tres grupos:



1. Factores de risco derivados das condicións de seguridade. Poden ser de dous tipos:


a) Factores de risco estructurais.

- Teñen lugar nos espazos de traballo, onde o traballador leva a cabo as súas tarefas.

- Posibles accidentes: esvaróns, tropezóns, queimaduras...

- Medidas de prevención: dimensións adecuadas do espazo de traballo, boa sinalización, orde e limpeza...


b) Factores de risco derivados do manexo de equipos.

- Son consecuencia do manexo directo do material de traballo.

- Tipo de material: máquinas (tornos, serras...), vehículos e instalacións de transporte (cintas transportadoras, carretillas...), ferramentas (motoserras, coitelos...) ou equipos eléctricos.

- Posibles accidentes: abrasións, impactos, cortes, enganches...

- Medidas de prevención: un bo adestramento, un bo uso do material, pretar atención á hora de manexar o material.



2. Factores de risco derivados das condicións ambientais. Poden ser de tres tipos:


a) Factores de risco derivados dos axentes físicos.

- Enfermidades provocadas por unha mala iluminación, unha temperatura inapropiada (por exceso ou por defecto), o ruído, as vibracións (provocadas por martelos, motoserras, buses...) ou as radiacións (que poden ser ionizantes, como os raios x ou os gamma, e non-ionizantes, como o láser ou os electrodomésticos).

- Poden producir fatiga visual ou cegamento (iluminación); fatiga ou golpes de calor (temperatura alta), hipotermia ou problemas cardiacos (temperatura baixa); xordeira, estrés, transtornos de sono ou cansanzo (ruído); artrose ou alteracións nerviosas (vibracións); cancro ou malformacións xenéticas (radiacións ionizantes), lesións oculares ou queimaduras (radiacións non-ionizantes).

- Medidas de prevención: unha adecuada iluminación, unha temperatura apropiada, evitar os ruídos e as vibracións e a protección do traballador ante as radiacións.


b) Factores de risco derivados dos axentes químicos.

- Enfermidades provocadas polo contacto con gases, aerosois, néboas, po, fume, vapores, mercurio, monóxido de carbono, alcohol, fibras sintéticas, ácidos...

- Poden producir cancro, malformacións, alerxias, alteracións respiratorias...

- Asimesmo, os barbitúricos ou os antidepresivos poden producir un efecto sedante que daría lugar a accidentes laborais.

- Medidas de prevención: existen normas que regulan os niveis de concentración dos axentes químicos e as medidas de protección (equipos individuais).


c) Factores de risco derivados dos axentes biolóxicos.

- As bacterias, os fungos ou os virus poden provocar febres, dores nas articulacións, tuberculose, paludismo e outras enfermidades que poderían desembocar en problemas de riles, fígado, pulmóns...

- Existen normas que regulan as medidas de prevención.



3. Factores de risco derivados da carga e da organización do traballo. Poden ser de dous tipos:


a) A carga de traballo, que pode ser física ou mental.

a.1) Carga de traballo física.

- As posturas incómodas, o esforzo físico, a manipulación, o levantamento de cargas... poden producir dores musculares, lesións de costas, contracturas musculares, transtornos gastrointestinais, transtornos vasculares...

a.2) Carga de traballo mental.

- Os traballos que esixen moita atención e concentración poden provocar dores de cabeza, irritabilidade, insomnio, depresión, mareos...


b) Factores de risco derivados da organización.

- Unha xornada laboral prolongada, a distribución das quendas (turnos nocturnos ou rotativos), o intenso ritmo de traballo, o estilo da dirección (malas relacións laborais)... , dependendo das características do traballador (idade, sexo, aptitudes, actitudes...), poden orixinar accidentes, enfermidades laborais ou descenso do rendemento de traballo.

- Consecuencias: insomnio, fatiga, cefaleas, irritabilidade, frustración, inseguridade, depresión, transtornos dixestivos ou cardiovasculares, atrasos, perda de interese, estrés...


- Medidas de prevención: a mellora das condicións de traballo.