
Os factores de risco laboral son aqueles elementos que poden provocar dano aos traballadores nos seus postos de traballo. Poden clasificarse en tres grupos:
1. Factores de risco derivados das condicións de seguridade. Poden ser de dous tipos:
a) Factores de risco estructurais.
- Teñen lugar nos espazos de traballo, onde o traballador leva a cabo as súas tarefas.
- Posibles accidentes: esvaróns, tropezóns, queimaduras...
- Medidas de prevención: dimensións adecuadas do espazo de traballo, boa sinalización, orde e limpeza...
b) Factores de risco derivados do manexo de equipos.
- Son consecuencia do manexo directo do material de traballo.
- Tipo de material: máquinas (tornos, serras...), vehículos e instalacións de transporte (cintas transportadoras, carretillas...), ferramentas (motoserras, coitelos...) ou equipos eléctricos.
- Posibles accidentes: abrasións, impactos, cortes, enganches...
- Medidas de prevención: un bo adestramento, un bo uso do material, pretar atención á hora de manexar o material.
2. Factores de risco derivados das condicións ambientais. Poden ser de tres tipos:
a) Factores de risco derivados dos axentes físicos.
- Enfermidades provocadas por unha mala iluminación, unha temperatura inapropiada (por exceso ou por defecto), o ruído, as vibracións (provocadas por martelos, motoserras, buses...) ou as radiacións (que poden ser ionizantes, como os raios x ou os gamma, e non-ionizantes, como o láser ou os electrodomésticos).
- Poden producir fatiga visual ou cegamento (iluminación); fatiga ou golpes de calor (temperatura alta), hipotermia ou problemas cardiacos (temperatura baixa); xordeira, estrés, transtornos de sono ou cansanzo (ruído); artrose ou alteracións nerviosas (vibracións); cancro ou malformacións xenéticas (radiacións ionizantes), lesións oculares ou queimaduras (radiacións non-ionizantes).
- Medidas de prevención: unha adecuada iluminación, unha temperatura apropiada, evitar os ruídos e as vibracións e a protección do traballador ante as radiacións.
b) Factores de risco derivados dos axentes químicos.
- Enfermidades provocadas polo contacto con gases, aerosois, néboas, po, fume, vapores, mercurio, monóxido de carbono, alcohol, fibras sintéticas, ácidos...
- Poden producir cancro, malformacións, alerxias, alteracións respiratorias...
- Asimesmo, os barbitúricos ou os antidepresivos poden producir un efecto sedante que daría lugar a accidentes laborais.
- Medidas de prevención: existen normas que regulan os niveis de concentración dos axentes químicos e as medidas de protección (equipos individuais).
c) Factores de risco derivados dos axentes biolóxicos.
- As bacterias, os fungos ou os virus poden provocar febres, dores nas articulacións, tuberculose, paludismo e outras enfermidades que poderían desembocar en problemas de riles, fígado, pulmóns...
- Existen normas que regulan as medidas de prevención.
3. Factores de risco derivados da carga e da organización do traballo. Poden ser de dous tipos:
a) A carga de traballo, que pode ser física ou mental.
a.1) Carga de traballo física.
- As posturas incómodas, o esforzo físico, a manipulación, o levantamento de cargas... poden producir dores musculares, lesións de costas, contracturas musculares, transtornos gastrointestinais, transtornos vasculares...
a.2) Carga de traballo mental.
- Os traballos que esixen moita atención e concentración poden provocar dores de cabeza, irritabilidade, insomnio, depresión, mareos...
b) Factores de risco derivados da organización.
- Unha xornada laboral prolongada, a distribución das quendas (turnos nocturnos ou rotativos), o intenso ritmo de traballo, o estilo da dirección (malas relacións laborais)... , dependendo das características do traballador (idade, sexo, aptitudes, actitudes...), poden orixinar accidentes, enfermidades laborais ou descenso do rendemento de traballo.
- Consecuencias: insomnio, fatiga, cefaleas, irritabilidade, frustración, inseguridade, depresión, transtornos dixestivos ou cardiovasculares, atrasos, perda de interese, estrés...
- Medidas de prevención: a mellora das condicións de traballo.